09.12.20.- Este ano será un Nadal diferente e dende a Concellería de Cultura intentan que os nenos continúen participando en actividades propias destas datas como son as postais e a carta aos Reis Magos ou Papá Noel. Por unha parte esta semana púxose en marcha a actividade de Postais de Nadal que se poden enviar por privado ao Facebook do Concello. O prazo é ata o día 20, nese día publicaranse todas e os fans da páxina votarán a que máis lle guste ata o día 23.
27.11.20.- A sesión plenaria do mes de novembro empezou cun minuto de silencio polo recentemente falecido, José Luís Álvarez Álvarez, tenente de alcalde deste concello. Ademais o rexedor, Rique Barreiro leu unhas palabras de lembranza do compañeiro de grupo de goberno.
26.11.20.- Un ano máis ponse en marcha o servizo de recollida de alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos de Ourense. En Vilamartín hai habilitados catro puntos de recollida.
Estes son:
Casa do Concello
Supermercados Coviran
Perruquería Duar
Bar da Gasolineira
O periodo de recollida estará activo todo o mes de novembro e decembro nos horarios de apertura dos locais colaboradores. Agradecemos a todos os veciños o esforzo que fan para axudar aos que máis o necesitan nestes momentos.
24.11.20.- Mañá celébrase o Día da eliminación da violencia contra as mulleres . No caso do noso concello non se celebrará a habitual concentración das 12 do mediodía diante do concello pola pandemia da Covid-19. O que si se solicita a todos os veciños que queiran adherirse a este día que garden o seu minuto de silencio.
21.11.20.- O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Sanidade, Asistencia Social e Participación Cidadá, José Luís Álvarez Álvarez, faleceu no día de hoxe. Dende o concello e o grupo de goberno socialista lamentan a perda dunha persoa comprometida co pobo e que quixo dedicar o seu tempo a mellorar a vida dos seus veciños. José Luís Álvarez tomou posesión do seu cargo o 15 de xuño do 2019 exercendo o seu traballo e axudando nas labores diarias do concello.
Dende o concello decretáronse 3 días de loito oficial.
02.11.20.- Este ano a carreira para recaudar fondos para a loita contra o cancro de páncreas será virtual. A coñecida como "Carreira das Cidades" busca continuar coa recaudación dun xeito distinto debido á situación pola Covid-19. Os interesados teñen que inscribirse na web www.carreracancerpancreas.es e despois participar do 19 ao 22 deste mes de novembro. Os fondos que se recaudan na Carrera das Cidades son destinados a becas para a investigación do cancro de páncreas.
26.10.20.- No Concello de Vilamartín vimos tendo casos de coronavirus Covid-19 dende hai unhas semanas e en toda Galicia hai limitación de reunión de máximo 5 persoas. Ante esta situación o goberno central decidiu decretar o estado de alarma que entrou en vigor na tarde do domingo, 25 de outubro, despois de ser publicado no Boletín Oficial do Estado. Este será o segundo estado de alarma dende o primeiro que se activou o pasado 14 de marzo para facer fronte á primeira ola do coronavirus Covid-19. Nesta ocasión búscase limitar o contacto social e a mobilidade nocturna.
16.10.20.- En dous días temos casi triplicado o número de casos de enfermos pola Covid-19 no noso concello. O martes informabamos de 5 casos repartidos en dúas unidades familiares e hoxe temos que falar de 14 casos en tres unidades familiares. É dicir, nunha das familias aumentou a cantidade de persoas infectadas e ademais apareceu unha nova unidade familiar de 5 persoas enferma. Todos eles están xa confinados e con control médico.
14.10.20.- Hoxe recibimos información de Sanidade na que se nos indicaba que temos dúas unidades familiares positivas pola COVID19 no noso concello. As cinco persoas afectadas destas dúas familias xa están seguindo as medidas de confinamento indicadas. Pola nosa parte xa activamos o protocolo pertinente e lembramos que si as familias afectadas necesitan axuda poden poñerse en contacto co concello ou con Protección Civil. Así mesmo xa solicitamos a axuda dos membros de protección civil, que nas próximas horas procederán á desinfección de rúas.