Varias rúas do concello cambiarán de nome ou terán un novo

Mapas das tres zonas onde cambiarán ou haberá novos nomes de rúas

08.10.20.- Na sesión plenaria do mes de setembro, un dos puntos da orde do día, foi a adxudicación de nomes a viais que non tiñan ata agora nomenclatura e tamén se propuxeron cambios para outras. As zonas nas que se fixeron as modificacións foron no núcleo urbano de Vilamartín, no pobo de Córgomo e tamén no de Valdegodos. Entre as novas denominacións está a homenaxe a un alcalde da vila fusilado no ano 1936: Augusto Sierra Rodríguez. Esta nova rúa estará na localidade de Valdegodos, un tramo da estrada que conecta esta localidade con Córgomo.

Sin definir

O concello busca apoio en Medio Rural para que as novas plantacións de viñedo teñan medidas que eviten as escorrentías para non danar os terreos e as estradas

A chegada das choivas de outono fan pensar de novo nun problema que xera gastos ás arcas municipais e degrada os terreos de viñedos, xerado polo cambio no xeito de traballar as fincas. Coas choivas a terra destas fincas é arrastrada e invade as estradas e camiños públicos tendo que proceder a súa limpeza para evitar accidentes e atascos nas beirarrúas.

Sin definir

Bando lembrando a obriga de manter os edificios en bo estado de conservación

Bando

20-09-20.- O Concello de Vilamartín editou un bando lembrando a necesidade de manter as edificacións en bo estado de conservación. Indica que hai constancia da existencia de edificios en estado ruinoso no municipio polo tanto recordase a obriga de rehabilitalos ou derrubalos. Para calquera aclaración ou solicitude de permisos poden dirixirse á area de Urbanismo na casa consistorial.

Sin definir

Sputnik Labrego aposta pola creación dunha aula arqueolóxica en Vilamartín para amosar os obxectos atopados no Castro de Valencia do Sil

16.09.20.- Este venres remata a segunda campaña de escavación do colectivo Sputnik Labrego no Castro de Valencia do Sil. Este mércores, día 16, entregaron no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense todo o atopado tanto nesta campaña como na anterior. Para rematar a estadía na zona queren amosar a todos os veciños da comarca o que descubriron nestes 15 días de traballo. Para elo farán unha xornada de visita o sábado 19 de setembro ás 10 da mañá. As explicacións faranse en grupos de 10 persoas para seguir as medidas de seguridade da Covid-19.

Sin definir

Sputnik labrego volve para continuar coas escavacións arqueolóxicas en Valencia do Sil

Cartel da escavación

31.08.20.- No día de hoxe volveron a Vilamartín os membros do colectivo Sputnik Labrego para continuar escavando na zona do castro de Valencia do Sil. Os traballos feitos o ano pasado deron pé a que neste puideran volver e continuar buscando máis elementos do noso pasado para poder explicar o uso do castro de Valencia do Sil e os anos de ocupación. Os membros de Sputnik Labrego estarán encantados de recibir visitas durante o seu tempo de traballo dende as 10 da mañá ata as 5 da tarde. Os traballos faranse ata o 18 de setembro.

Sin definir

Bando lembrando as obrigacións dos propietarios de cans e as sancións previstas por incumprimento

Bando colocado en diferentes puntos do concello

O Concello editou un bando que está colocado en diferentes zonas lembrando as obrigacións dos propietarios dos cans e a necesidade de coidar deles e non deixalos soltos polas vilas. Indícase no texto que na ordenanza municipal reguladora hai marcadas multas que poden ir de leves a moi graves e que económicamente poden supoñer dende 30 a 15.000 euros.

Sin definir

Cine de verán ao aire libre nos pobos

Resume de actividades ao aire libre en varias localidades

O cine ao aire libre visitou en agosto as localidades de Arcos e Portela coincidindo coas súas festas. No mes de xullo esta actividade estivo presente en Córgomo e tamén no centro da vila. Ademais no campo de fútbol celebrouse un contacontos para os máis pequenos. Todas as sesións e actividades rexistraron moita afluencia de público e foron ben acollidas. Agardamos poder repetir a experiencia.

Sin definir

O primeiro positivo por Covid-19 en Valencia do Sil

Desinfeción de viais

Neste mes de agosto temos confirmado o primeiro caso de Covid-19 no verán. Trátase dunha persoa en Valencia do Sil. Solicitamos a máxima precaución e adoptar todas as medidas sanitarias precisas. Por parte do concello xa se fixo unha desinfección desta zona no mesmo día que obtivemos confirmación e tamén comunicamos a todos os veciños a través das redes sociais:

Sin definir

Campus deportivo no Bañadoiro do 17 ao 23 de agosto

29.07.20.- A empresa Ocio y Deporte S.L. celebrará na zona do Bañadoiro un Campus de Fútbol-Deportivo "Ocio y Deporte" do 17 ao 23 de agosto. O Concello porá a disposición desta empresa as instalacións deportivas. Haberá diferentes categorías por idades. As inscricións poden realizarse contactando na páxina de Facebook "Campus Deportivo Ocio y Deporte" que os organizadores abriron para este tema. No cartel da actividade teñen máis datos de prezos e idades de participantes.

Sin definir

En Portela tamén haberá cine ao aire libre en agosto

Película que se proxectará o día 14 de agosto na Portela

28.07.20.- Esta semana comezaron as proxeccións de cine ao aire libre no noso concello. O domingo 26 fíxose a primeira no Campo de fútbol e este mércores 29 haberá unha nova sesión na localidade de Córgomo coincidindo coas súas festas. O cine tamén estará en Arcos o día 10 de agosto e agora engádese unha nova cita para a localidade de Portela. Será o próximo 14 de agosto coa proxeción do filme "Corgi, as mascotas da raíña". A pelicula poderá verse no exterior da casa do pobo ás 22:30 horas. A entrada en todas as proxecións será gratuíta.

Sin definir

Páginas

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.