Actividades para o Día contra a Violencia de Xénero

19.11.19.-A Concellería de Servizos Sociais do Concello levará a cabo as seguintes actividades para conmemorar o 25 de Novembro, Día contra a Violencia de Xénero.

     MAI  MAI: 25 de Novembro, 6 da tarde no Centro Sociocultural Sta. Lucía de Vilamartín,

Obra de teatro representada por BAOBAB TEATRO, compañía de teatro infantil de gran recoñecemento e premios a sua traxectoría.

Mai Mai é unha historia tenra e moi divertida donde se mezcla o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. É unha historia que fala de revolución, que plasma o apoderamento dunha muller valiente e emprendedora e que nos fará meditar sobre o que estamos a facer co noso planeta.

ENTRADA LIBRE E GRATUÍTA. (Duración: 50 minutos)

 

   IGUAL A NÓS: 02 de Decembro, 4 da tarde no Via Nova (Rúa Miguel de Cervantes), Vilamartín;

   Dinamización en Igualdade, a través dunha representación escénica e debate-coloquio para afondar nos conceptos e aspectos abordados na representación, fomentando a participación social das mulleres maiores.

      

 

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.