
02.11.20.- Este ano a carreira para recaudar fondos para a loita contra o cancro de páncreas será virtual. A coñecida como "Carreira das Cidades" busca continuar coa recaudación dun xeito distinto debido á situación pola Covid-19. Os interesados teñen que inscribirse na web www.carreracancerpancreas.es e despois participar do 19 ao 22 deste mes de novembro. Os fondos que se recaudan na Carrera das Cidades son destinados a becas para a investigación do cancro de páncreas. Os gañadores das becas son seleccionados por un comité científico especializado. Este ano xa hai máis de 40.000 persoas apuntadas en diferentes carreiras virtuais que se organizan dende Vilamartín, Orihuela, Terrasa, Alicante, Madrid e Murcia.
Animamos a participar neste evento solidario.