II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

21.08.19.-En poucos días faranse públicas as bases legais do II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, de momento e como adianto presentannos o cartel deste ano. Trátase dun deseño moi especial no que a organización fai unha dobre homenaxe, por un lado elixen como imaxe unha escultura feita polo Primeiro Irmán Maior do Proxecto, o corgomés, Anxo Baranga. Por outra parte o texto que lle serve de fondo é o texto do gañador do premio da edición anterior, Jorge Moral. 

Dende a organización adiantan que nesta edición haberá algún cambio nas normas, así que os/as interesados/as terán en conta que os poemas presentados deberán:

  • Estar escritos en lingua galega.
  • A temática das poesías é libre.
  • Os textos deben ser inéditos.
  • Os poemas terán un mínimo de 15 versos e un máximo de 90 versos.
  • Cada participante non poderá presentar máis de tres textos.

 

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.