Suspéndense as actividades do Vilaverán

Actividades do Vilaverán do ano pasado

18.06.20.- Estes meses de verán serán un pouco diferentes para os máis pequenos da casa en Vilamartín xa que este ano non é posible poñer en marcha as actividades do campamento Vilaverán. As condicións xeradas a partir da COVID-19 levaron á Concellería de Cultura a ter que cancelar estas actividades. Tal e como explica a concelleira, Claudia Núñez, “despois de moito deliberar tomamos a decisión de cancelalo xa que non podemos cumprir coas medidas de seguridade que se esixen”. O cumprimento das medidas de distanciamento entre os rapaces participantes, así como as dificultades para o acondicionamento das instalacións son as principais razóns para esta cancelación. Dende a concellería continúan traballando para poder cumprir a normativa para abrir as piscinas municipais.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.