O Concello busca asesoramento técnico e financiamento para unha nova fosa séptica na zona de Arcos

09.02.18.- O Concello está na procura dunha solución para mellorar o saneamento das zonas de Arcos, Córgomo e Baxeles. O crecemento desta zona na que están instaladas adegas, hoteis e outras industrias fixo que a fosa séptica se quedara pequena  dende hai máis dunha década. Un dos primeiros pasos a dar é ter informes técnicos que abalen cal é a solución máis eficaz. O grupo de goberno buscou ese apoio especializado a través da Dirección Xeral de Augas de Galicia na que conseguiron a axuda para poder elaborar un informe e que uns especialistas se despracen ata Arcos para ver in situ o problema a solucionar. Despois o seguinte paso será buscar a financiación, posiblemente dentro duns 6 meses poderase optar a axudas europeas e poder continuar co proxecto. 

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.