Unha carta aos empresarios e a proxección dunha curtametraxe con debate posterior para celebrar o Día contra a Violencia de Xénero

20.11.18.- Un ano máis o concello celebra actos para lembrar o Día contra a Violencia Machista. Nestes días a Concellería de Servizos Sociais está enviando aos empresarios da vila unha carta na que lembra a necesidade de loitar entre todos contra esta lacra social. Na misiva explícase que pedimos a túa colaboración para que no teu negocio, local, empresa, etc... coloques a adhesivo para cristal que se che adxunta, de xeito que quede visible, para sumarse a repulsa contra esta lacra social. Recordarche tamén que podes poñer as camisetas negras que outros anos repartiu o Concello, durante esa semana ou para acudir o acto programado o día 24, e senón a tiveses acudir ao Concello para que che dean unha.”

Proxección da película “Miña” e debate posterior

Este ano o acto principal terá lugar este sábado no Local Via Nova, sito na Rúa Miguel de Cervantes, en Vilamartín, ás sete da tarde. Proxectarase a curtametraxe titulada “MIÑA”, que aborda o tema da violencia contra as mulleres, así como o papel que xogan os veciños/as e o entorno das vítimas, aspectos que serán abordados ao finalizar a curta por unha experta neste ámbito que abrirá un debate.

Dende a concellería lembran que “ un día o ano non é suficiente, que unha pegatina non é suficiente e que unha charla non é suficiente, pero si somos capaces de chegar a ti e lograr que sexas un máis que axite a bandeira contra u odio, que te impliques nesta loita, se logramos que non cales cando te atopes co maltrato cara a cara, se logramos que corrixas aos teus fillos cando apareza neles…estaremos a conseguir un anaco de xustiza nesta longa loita pola igualdade. Porque ás mulleres non morren pola violencia machista, ás mulleres mátanas. Porque isto é un delito e hai un asasino e unha asasinada.”

 

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.