Unha delegación xaponesa coñeceu o Camiño de Inverno ao seu paso por Vilamartin

01.06.18.-Unha delegación de varias institucións niponas percorreron nestes días o Camiño de Inverno empezando en Ponferrada e chegando a Vilamartín o día 30 de maio. O alcalde, Rique Barreiro, foi o encargado de atendelos ao seu paso pola vila e ensinoulles parte do trazado desta vía de peregrinación polo territorio vilamartinés.

O percorrido polo Camiño de Inverno enmarcase dentro dos actos conmemorativos dos 150 anos do inicio de relacións diplomáticas entre España e Xapón. A delegación xaponesa está formada por representantes da Sociedade Hispánica de Yokohama e da Rede de Peregrinación e Hospitalidade do Camiño de Shikoku, un itinerario tradicional de peregrinación deste país que se compara a miúdo coas rutas xacobeas. Os visitantes xaponeses  percorreron varios tramos dende Ponferrada a Villavieja, no Concello de Priaranza, e despois ata Puente de Domingo Flórez. Xa en territorio valdeorrés pasearon por O Barco e chegaron ata Vilamartín para rematar a súa camiñada en A Rúa.

      

 

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.