A limpeza de varios cauces de regatos e ríos facilita a xestión das riadas nestes momentos

19.12.19.- As fortes choivas destes días fan que os cauces fluviais estean ao seu máximo de capacidade e con problemas por desbordamentos nalgúns puntos. As limpezas efectuadas en varios regatos e ríos contribuíu a que a situación non fora más perigosa nestes momentos. No verán o Concello de Vilamartín procedeu a facer unha solicitude á Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que se procedera a limpeza das marxes destes regatos e ríos, tala das árbores e retirada de lixo por partes das brigadas da Confederación. A petición foi atendida en base a un informe do equipo técnico do concello no que se especificaba os problemas e necesidades de cada lugar. No informe explicouse que “Vista a situación de certos cauces fluviais situados no noso termo municipal de Vilamartín de Valdeorras, con problemas de maleza nas marxes, chegando a cubrir nalgúns casos practicamente todo o ancho do cauce e noutros sobre a propia marxe dificultando o acceso a auga, árbores nas súas beiras que ameazan caída, así como troncos caídos sobre o cauce e lixo nalgúns puntos”.

Os lugares con problemas de xestión da maleza, árbores caídos, e lixo nos que se realizaron limpezas foron:

  • Regato de San Miguel, ao seu paso polas proximidades do núcleo de San Miguel de Outeiro e arredores.
  • Regato da Filgueira, ao seu paso polo núcleo urbano de Vilamartín e os seus arredores.
  • Regato O Real, ao seu paso polo núcleo de Arnado e os seus arredores.
  • Río Farelos, ao seu paso polo núcleo de Arcos e os seus arredores e na zona próxima a igrexa e cemiterio de San Xulián.

Os traballos aínda están pendentes de rematar no:

  • Encoro de Santiago, na marxe dereita na zona O Bañadoiro, zona próxima ao núcleo urbano de Vilamartín e zona de recreo. A poda e corta de árbores desta zona e a recollida de lixo e restos.

Ademais quedaron pendente de facer os traballos que se solicitaron para:

  • Río Leira, ao seu paso polo núcleo urbano de Vilamartín e os seus arredores.

 

   

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.