A Xunta subvenciona un sistema de calefacción para a vivenda de persoas desfavorecidas

25.09.17.- O Concello de Vilamartín tentando interpretar o sentimento de solidariedade  e compromiso dos veciños procedeu a instalar unha hidroestufa de pellets nunha vivenda de propiedade municipal destinada a persoas desfavorecidas.

Sin definir

Obras en marcha para o Outono en Cernego, Córgomo e a Rodeleira

20.09.17.- O Concello de Vilamartín vai ter durante o outono varias obras en marcha en diferentes puntos do municipio. A estrada de Cernego, a mellora do alumeado  en Córgomo, o saneamento e abastecemento da Rodeleira, o arranxo de camiños coa motoniveladora da Deputación son algunhas das obras que se afrontarán nos próximos meses de outono. Todas as obras faranse con subvencións de plans provinciais, axudas de eficiencia enerxética e colaboracións coa Deputación de Ourense principalmente.

Sin definir

Concentracións polo anteproxecto da Lei de Saúde

19. 09.17.- A reforma da Lei de Saúde de Galicia, Lei 8/2008, está provocando a organización de mobilizacións en toda a comarca. No caso de Vilamartín temos convocadas concentracións diante do Centro de Saúde todo os mércores deste mes. Solicitamos a retirada do anteproxecto pola perda de atención sanitaria para as áreas pequenas como é a comarca e o hospital comarcal.

Sin definir

Vilamartín seguirá contando cun segundo médico segundo o xerente da área sanitaria

07.09.17.- Vilamartín seguirá tendo dous médicos no seu centro de saúde. Así o afirmou esta mañá o responsable da EOXI (Estrutura Organizativa de Xestión Integrada) Ourense, Verín e Valdeorras, Dionisio Bellido,  nunha reunión no Concello. Dionisio Bellido afirmou que a praza do médico que se acaba de xubilar, Valentín Murciego,  vai continuar activa e incluirase no próximo concurso de prazas médicas. Ata ese momento o responsable da EOXI asegurou ao alcalde e representantes dos grupos políticos da oposición que se seguirán cubrindo esta praza.

Sin definir

Novidades na biblioteca de Vilamartín

05.09.17.-A biblioteca de Vilamartín conta con novas adquisicións para os seus fondos bibliográficos. Consulta no pdf adxunto a esta información os novos títulos que temos dispoñibles. 

 

PREMER NO SEGUINTE ENLACE PARA VER AS NOVIDADES...

/web2/sites/default/files/A%20Biblio%20informa.pdf

 

Sin definir

Lembrando as actividades do Vilaverán

06.09.17.- As actividades do Vilaverán, feitas en xullo e agosto, foron todo un éxito. Os rapaces disfrutaron de moitas actividades e aprenderon xogando. Hoxe facemos lembranza delas con estas fotos. PREMER SOBRE AS FOTOS PARA PODER VELAS MÁIS GRANDES...

Sin definir

Aberto o prazo para reservar as instalacións deportivas

05.09.17.- Lembramos a todos os grupos que fagan actividades deportivas en conxunto que xa está aberto o prazo para reservar as instalacións deportivas municipais que precisen. Os grupos que practican fútbol sala, pilates, zumba, baile de salón, etc teñen que pasar polo Concello para recher os datos da folla de petición de instalación deportiva, que tamén adxuntamos nesta información. Nela teñen que indicar os días e horas que precisan para poder facer a táboa de usos de cada unha delas.

Sin definir

Abertos os tres primeiros expedientes de execución de limpeza de fincas urbanas

21.08.17.- O Concello de Vilamartín ten en marcha os primeiros tres expedientes  de execución de limpeza de fincas ante o risco de problemas de salubridade e incendio preto de edificacións urbanas. Despois da colocación de bandos, envío de comunicados e notificacións individualizadas a varios veciños, inician este proceso sancionador.

Sin definir

O noso apoio ás familias das vítimas e aos feridos dos atentados en Cataluña

19.08.17.- “Non existen palabras para describir os sentimentos que nos xeran estes asesinatos. Non podemos imaxinar a dor profunda que deben estar pasando as familias das vítimas. Dende Vilamartín queremos facer chegar todo o noso apoio a esas familias e a todos feridos que están sufrindo”.  Unhas palabras sentidas que se dixeron onte, sen discurso escrito previo, polo tenente de alcalde, Pablo Deramond, diante das persoas que se concentraron en repulsa dos atentados vividos nas poboacións de Barcelona e Cambrils.

Sin definir

Problemas de abastecemento en Vilamartín pola utilización indebida da auga de consumo humano

15.08.17.- O centro de Vilamartín leva dous días con problemas de abastecemento de auga pola utilización indebida da mesma. Os problemas empezaron na noite do domingo ao luns cando se baleiraron os dous depósitos e os veciños estiveron a mañá do luns sen abastecemento. O mesmo problema volveu pasar na noite do luns ao martes. Despois de comprobar que non hai avarías que causen o desperdicio da auga o grupo de goberno, axudado por moitos veciños, está empezando a vixiar onde se pode gastar indebidamente a auga para consumo humano.

Sin definir

Páginas

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.