Postais de Nadal en redes sociais e cartas a Papá Noel e aos Reis Magos

09.12.20.- Este ano será un Nadal diferente e dende a Concellería de Cultura intentan que os nenos continúen participando en actividades propias destas datas como son as postais e a carta aos Reis Magos ou Papá Noel. Por unha parte esta semana púxose en marcha a actividade de Postais de Nadal que se poden enviar por privado ao Facebook do Concello. O prazo é ata o día 20, nese día publicaranse todas e os fans da páxina votarán a que máis lle guste ata o día 23. A postal máis votada será a portada do Facebook para felicitar as festas e o gañador/a levará un agasallo que recollerá no concello o día 26.
Por outra parte na entrada da casa consistorial xa está instalado o buzón para facerlle chegar as cartas as súas Maxestades de Oriente e tamén a Papá Noel.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.