praza

O Concello convoca unha praza de albanel e outra de peón forestal para traballar ata fin de ano

12.06.20.- O concello de Vilamartín convoca dúas prazas para contratar traballadores. Unha será para un albanel e outra para un peón forestal. Os contratos serán de 6 meses por obra.
O prazo para presentar as solicitudes no rexistro do Concello estará aberto ata o día 19 de xuño.

Sin definir

Convocada unha praza de limpador/a para o servizo municipal

14.11.19.-  O Concello de Vilamartín ten en marcha a convocatoria para a selección de personal laboral temporal a fin de cubrir un posto de limpador/a para o servizo de limpeza das dependencias municipais. O sistema de escolla será mediante o de concurso-oposición e a contratación farase ca modalidade de contrato de duración temporal de interinidade.

Sin definir

Resultados do exame para cubrir a praza de Auxiliar Administrativo

 

01.02.19.- O último día do mes de xaneiro levouse a cabo en Vilamartín  o exame para cubrir a praza dun funcionario interino e formación de bolsa de traballo de auxiliar administrativo. A continuación ofrecemos o resultado desta proba.

Pulse aquí para ver o documento completo: /web2/sites/default/files/310119%20resultado%20proba%20escrita%20Vilamartin.pdf

Sin definir

Lista correxida da praza de funcionario interino

14.12.18.- No proceso de selección dunha praza de funcionario interino, vólvese a publicar a listaxe de admitidos e excluídos para subsanar un erro que existía. Na listaxe que se pon a continuación poden ver os nomes finais para continuar o proceso

Listaxe correxida (PREMA AQUI PARA VELA): /web2/sites/default/files/141218%20ANUNCIO%20PROVISIONAL%20ADMITIDOS%20CORREXIDO.pdf

Sin definir

Convócase unha praza de funcionario interino de auxiliar administrativo

15.10.18.- O pasado día 10 de Outubro o Boletín Oficial da Provincia de Ourense fixo pública a convocatoria dunha praza de funcionario interino de auxiliar administrativo no noso concello. Como xa adiantamos nas nosas redes sociais o pasado día 12, hai un prazo de 10 días a contar dende o día seguinte á publicación no Boletín para poder presentar as solicitudes no rexistro do concello.

 

Sin definir

Empezan as obras na Praza da Rodeleira

19.01.18.- Esta semana empezaron as obras na Praza da Rodeleira para darlle un cambio tanto interno como externo. En primeiro lugar empezarán as obras para cambiar todo o sistema de tubaxes que están soterradas e que levan ocasionado moitos problemas por roturas. Cambiaranse as canalizacións de rego, auga de consumo e saneamento. Unha vez rematada esta parte, continuarán as de adecentamento do espazo para uso e disfrute dos veciños. Faranse beirarrúas novas, unha rotonda no cruceiro, novos aparcamentos e zonas de esparcemento.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.