dia

25N un día para lembrar a Violencia contra as mulleres e eliminala

24.11.20.- Mañá celébrase o Día da eliminación da violencia contra as mulleres . No caso do noso concello non se celebrará a habitual concentración das 12 do mediodía diante do concello pola pandemia da Covid-19. O que si se solicita a todos os veciños que queiran adherirse a este día que garden o seu minuto de silencio.

Sin definir

Entramos na Fase 3 de desescalada dende o día 8 e ata o 21 de xuño

Fase 3 da desescalada pola COVID-19  en Galicia

07.06.20.- A partir de mañá, día 8 de xuño, estaremos estrenando unha nova fase da desescalada xerada pola enfermidade da COVID-19. Nesta nova etapa amplíanse as actividades que se poden facer en grupo e os establecementos terán máis liberdade para atender aos seus clientes. Ademais haberá movilidade entre provincias galegas. Lembramos que ata o 21 de xuño continúa o Estado de Alarma e as medidas para conter a expansión do coronavirus. Dende o concello lembramos a necesidade de usar máscara na boca e lavar as mans con xabón ou produtos hidroalcólicos para evitar contaxios.

Sin definir

Entramos na Fase I da desescalada dende o día 11 de maio

Datos da desescalada na Fase I

Moita precaución o virus segue entre nós.

Sin definir

Actividades do Día da Muller durante toda a semana

Programa completo do 8 de Marzo

A primeira semana deste mes de marzo dedicarémola a varias actividades para celebrar o 8 de Marzo, o Día da Muller Traballadora. Todas elas farémolas en colaboración coa Plataforma Mulleres de Valdeorras. Empezaremos o mércores día 4 cunha conferencia debate sobre a "A Igualdade da Muller no Século XXI" no Centro Santa Lucía ás 18 horas. O venres, día 6, ás 12 horas faremos diante do concello a lectura do Manifesto 8M e durante a fin de semana haberá cine no Santa Lucía o sábado coa proxección da película "Casa de Bonecas" e o domingo marcharemos de romería ata San Miguel de Outeiro.

Sin definir

Actividades para o Día contra a Violencia de Xénero

19.11.19.-A Concellería de Servizos Sociais do Concello levará a cabo as seguintes actividades para conmemorar o 25 de Novembro, Día contra a Violencia de Xénero.

     MAI  MAI: 25 de Novembro, 6 da tarde no Centro Sociocultural Sta. Lucía de Vilamartín,

Obra de teatro representada por BAOBAB TEATRO, compañía de teatro infantil de gran recoñecemento e premios a sua traxectoría.

Sin definir

Un Día da Muller para reivindicar

09.03.19.- O Día da Muller tamén tivo en Vilamartín o seu momento de lectura dun manifesto e reclamación de dereitos para as mulleres. Un colectivo de mulleres da vila foron as encargadas de organizar o acto deste ano e obtiveron a colaboración do concello. 

Sin definir

A asociación de concellos do Camiño de Inverno dedicará un día ao ano á promoción do camiño en cada comarca

14.12.18.- Os membros da Asociación de Municipios polos que transcorre o Camiño de Inverno reuníronse esta semana en Ferreira de Pantón e adoptaron unha serie de acordos. Entre eles o de dedicar un día ao ano á promoción do camiño en cada unha das comarcas polas que pasa. O ano que ven empezarase polo Bierzo por ser onde empeza esta ruta. Nese día promocional faranse charlas, exposicións e outras actividades aínda por acordar. Tamén pensan en facer un recoñecemento a algún persoeiro famoso que estea relacionado co camiño.

Sin definir

O día 1 de decembro haberá dúas horas de corte de suministro eléctrico por traballos de mantemento das liñas

 

26.11.18.- A compañía UFD Distribución Electricidad, S.A. do grupo Naturgy anuncia cortes no suministro eléctrico en varios puntos do noso concello para este sábado, día 1 de decembro. O obxectivo, segundo indican, é facer varios traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica. Os cortes faranse por espazo dunha hora de 8 a 9 da mañá e de 7 a 8 da tarde. A empresa indica que nestes días enviará a varios clientes cartas anunciando estes cortes de suministro.

Os lugares afectados serán:

Sin definir

Unha carta aos empresarios e a proxección dunha curtametraxe con debate posterior para celebrar o Día contra a Violencia de Xénero

20.11.18.- Un ano máis o concello celebra actos para lembrar o Día contra a Violencia Machista. Nestes días a Concellería de Servizos Sociais está enviando aos empresarios da vila unha carta na que lembra a necesidade de loitar entre todos contra esta lacra social. Na misiva explícase que pedimos a túa colaboración para que no teu negocio, local, empresa, etc... coloques a adhesivo para cristal que se che adxunta, de xeito que quede visible, para sumarse a repulsa contra esta lacra social.

Sin definir

Andaina e Carreira solidaria contra o Cancro de Páncreas o día 25 de novembro en Valdegodos

10.11.18.- O Concello de Vilamartín será protagonista e colaborador dunha actividade deportiva que se está a realizar por catro puntos da xeografía española. Trátase da Carreira das Cidades, contra o cancro de Páncreas. A data desta carreira é o próximo 25 de novembro e está promovida por ACANPAN (Asociación de Cancro de Páncreas) e AESPANC (Asociación Española de Pancreatoloxía) e organizada por unha iniciativa particular coa colaboración da Delegación de Valdeorresa de Atletismo e o Club Peña Trevinca.

Sin definir

Páginas

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.