arranxo

Os veciños de San Vicente e o alcalde paran as mobilizacións á espera do inicio do arranxo da estrada por parte da Deputación

Sin definir

15.03.18.- Esta mañá celebrouse unha reunión en Ourense co presidente da Deputación de Ourense,  onde se lograba un “compromiso por escrito” para mellorar a situación da estrada a San Vicente de Leira. Entre os acordos están a retirada da valla fixa e a colocación dunha móbil para o paso de vehículos de emerxencias. Ademais arranxarase a pista municipal para contar cun acceso ao pobo alternativo. Ante estes acordos o rexedor comunicou que a paralización das mobilizacións deixaríaa nas mans dos veciños.

O alcalde de Vilamartín iniciará un encerro no Concello como medida de presión para o arranxo da estrada de San Vicente

Sin definir

06.03.18.- A estrada pertencente á Deputación de Ourense leva sufrido nos últimos días graves derrubes que acentúan o estado de ruína no que xa se atopaba. O rexedor leva sete anos tentando buscar unha solución co organismo provincial a un vial que leva case 25 anos de problemas polo mal estado.  Ante a falta de actuacións e dado que o problema se agravou nos últimos días, esta tarde convocouse unha rolda de prensa no pobo de San Vicente no que se anunciaron medidas de presión.

Arranxo de camiños na Pozaca, zona de conexión Vilamartín-Quiroga

Sin definir

09.06.17.- Esta semana os voluntarios de protección civil de Vilamartín colaboraron para deixar en mellores condicións camiños forestais que levaban un tempo cortados por derrubes. Os camiños nos que se traballou están na zona de A Pozaca, e serven de conexión polo monte entre o concello vilamartinés e o de Quiroga, na provincia de Lugo. Nesta paraxe había varios derrubes que impedían o paso  e agora xa quedaron actos para o paso con coches todocamiños. De momento fíxose o traballo de arranxo de barrancos e queda pendente o de limpeza da maleza que se fará máis adiante.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.