Deputación

A Deputación comunica que as obras do novo acceso a San Vicente non poderán empezar antes do 2021

10.10.19.- A Deputación de Ourense comunica nun escrito que as obras do novo acceso ao pobo de San Vicente non poderán empezar antes do primeiro trimestre do ano 2021. A explicación está na serie de trámites que están en marcha dende este ano e que non rematarán antes desa data. Entre eles están as expropiacións, notificacións, recursos e redacción de proxecto. Toda esta información foi aportada dende o organismo provincial ao grupo provincial socialista que pediu información sobre o estado das expropiacións para a construción do acceso a San Vicente.

Sin definir

Os veciños de San Vicente e o alcalde paran as mobilizacións á espera do inicio do arranxo da estrada por parte da Deputación

15.03.18.- Esta mañá celebrouse unha reunión en Ourense co presidente da Deputación de Ourense,  onde se lograba un “compromiso por escrito” para mellorar a situación da estrada a San Vicente de Leira. Entre os acordos están a retirada da valla fixa e a colocación dunha móbil para o paso de vehículos de emerxencias. Ademais arranxarase a pista municipal para contar cun acceso ao pobo alternativo. Ante estes acordos o rexedor comunicou que a paralización das mobilizacións deixaríaa nas mans dos veciños.

Sin definir

A Deputación colaborará para mellorar varias infraestruturas no Concello

06.07.17.- O financiamento para o arranxo da estrada de San Vicente, a obra de saneamento feita en Surregos, a praza de Cernego e o arranxo das estradas de Correxais e Cernego  foron os temas relacionados con infraestruturas dos que se falaron na entrevista que onte mantivo o alcalde, Rique Barreiro co presidente da Deputación, Manuel Baltar. O rexedor destaca sobre  todo a boa dispoñibilidade e a apertura a colaborar por parte do dirixente desta entidade provincial para mellorar varias infraestruturas de Vilamartín.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.