15.11.19.-O Proxecto As letras de Florencio ten marcha varias actividades nestes días, entre elas un ciclo de conferencias do que a primeira charla farase hoxe en Córgomo. O Concello de Vilamartín forma parte como socio desta entidade que busca dar visibilidade na comarca á obra de Florencio Delgado Gurriarán e solicitar para el un Día das Letras Galegas. O programa de actividades da comezo hoxe en Córgomo na Adega D'Berna ás 20:30 horas.
21.08.19.-En poucos días faranse públicas as bases legais do II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán, de momento e como adianto presentannos o cartel deste ano. Trátase dun deseño moi especial no que a organización fai unha dobre homenaxe, por un lado elixen como imaxe unha escultura feita polo Primeiro Irmán Maior do Proxecto, o corgomés, Anxo Baranga. Por outra parte o texto que lle serve de fondo é o texto do gañador do premio da edición anterior, Jorge Moral.
12.11.18.- O Proxecto As Letras de Florencio do que forma parte este concello, pon en marcha unha serie de conferencias e actividades en torno á figura do poeta. Trátase do derradeiro acto do ano para o gran público e haberá actividades na Rúa, no Barco e en Córgomo (Vilamartín).
24.08.18.-O Concello de Vilamartín forma parte do proxecto “As Letras de Florencio” para lograr que ao noso gran poeta, Florencio Delgado Gurriarán, se lle dedique un Día das Letras Galegas. Este ano estanse a facer varias actividades na comarca de Valdeorras para promover a súa figura e dala a coñecer. Entre elas está o Primeiro Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán.
17.11.17.- Hai uns meses púxose en marcha un proxecto cultural na comarca de Valdeorras para demandar o Día das Letras Galegas 2018 para o poeta de Vilamartín, Florencio Delgado Gurriarán. Este movemento cultural, integrado por xente dos concellos de toda a comarca de Valdeorras e o IEV (Instituto de Estudios Valdeorreses) conta con varias actividades de promoción e entre elas está a creación dunha Irmandade de Florencio.
19.08.17.-Hoy a las 20:30 horas se celebrará dentro de la segunda edición del Festival Silfest en O Barco la primera competición poética “I Poetry Slam Silfest”. En ella el poeta de Córgomo, Florencio Delgado Gurriarán, tendrá una presencia especial según nos indican desde la organización del Silfest. Ya adelantan que se repartirán unas chapas con su retrato como parte del homenaje al poeta valdeorrés.