23.02.18.- A compañía Unión Fenosa remitiu un escrito ao Concello de Vilamartín para lembrarlle a todos os veciños a necesidade de manter limpas as zonas debaixo das liñas eléctricas. Lembra que hai que facelo en cumprimento da Lei 12/2012 de montes de Galicia e a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios de Galicia. En caso de que os veciños non o fagan será Unión Fenosa o que proceda a súa limpeza sen custe.
10.01.18.- O Concello lembra a normativa pola que os propietarios son responsables dos danos que poidan ocasionar as árbores que se rompan ou caian e causen danos na vía pública. Esta semana deuse ese caso na Praza Cerdeirais onde dous coches resultaron danados pola caída de árbores. Neste caso o propietario da finca terá que facerse cargo dos danos ocasionados. O grupo de goberno colocou o ano pasado varios carteis polas beirarrúas explicando esta normativa para que puidera chegar ao maior número de persoas.