zona

A EDAR de Arcos terá que ter máis capacidade para atender a toda a poboación da zona

21.10.19.- A construción da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Arcos vai dar máis traballo do esperado xa que haberá que ampliar a súa capacidade para poder dar servizo a todos os veciños. Na redacción da memoria inicial contemplábase facer unha EDAR duns 300.000 euros para recoller as augas residuais de Arcos, Córgomo e Valdegodos pero os técnicos están estudando de novo o proxecto porque non vai ser suficiente co espazo previsto.

Sin definir

En exposición pública o Plan Parcial S-01 da zona industrial da Sobreira

10.01.19.- O Concello de Vilamartín  aprobou de maneira inicial o Plan Parcial S-01 da zona industrial da Sobreira entre San Miguel de Outeiro e Vilamartin centro. Todos os interesados poderán acceder á información a través do enlace que se publica nesta información ou acudir á casa do concello en horario de oficina para coñecer máis polo miúdo o mesmo. O prazo de exposición ao público será de 2 meses contados a partir da súa publicación no DOG.

Sin definir

O Concello busca asesoramento técnico e financiamento para unha nova fosa séptica na zona de Arcos

09.02.18.- O Concello está na procura dunha solución para mellorar o saneamento das zonas de Arcos, Córgomo e Baxeles. O crecemento desta zona na que están instaladas adegas, hoteis e outras industrias fixo que a fosa séptica se quedara pequena  dende hai máis dunha década. Un dos primeiros pasos a dar é ter informes técnicos que abalen cal é a solución máis eficaz.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.