este

O grupo de teatro Xaime Prada actuará este sábado en Verín

Sin definir

 

10.10.18.-O Grupo de Teatro Xaime Prada levará a súa obra “Falando de Cartos” á vila de  Verín esta fin de semana. A cita co público desta localidade será o sábado día 13 pola tarde, no Auditorio de Verín. A formación vilamartinesa está dándolle os últimos retoques con ensaios durante a semana. Con esta mesma obra lograron a súa primeira actuación no Teatro Lauro Olmo do Barco e tiveron un gran éxito entre o público.

Reunión este xoves de programación de actividades deportivas

Sin definir

11.09.18.- Este xoves celebrarase unha reunión na Casa do Concello para a planificación das actividades deportivas anuais. Dende a Concellería de Deportes solicitan a asistencia de pais,nais e nenos interesados para poder programar o calendario de actividades que se imparten todos os anos dende o concello. 

A reunión será este xoves, día 13 de setembro, ás 19:30 horas na Casa do Concello. 

Aprobado un orzamento con máis obras para este ano

Sin definir

12.04.18.- O Concello de Vilamartín aprobou esta tarde os orzamentos para o ano 2018 nun pleno extraordinario. Unhas contas que ascenden a algo máis dun millón e medio de euros  e nas que o grupo de goberno socialista “procurou facer contención de gasto sen merma de servizos” tal e como explicou o alcalde, Rique Barreiro. O presuposto foi aprobado cos votos a favor dos socialistas e a abstención do concelleiro da oposición, José Pinto.

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.