dun

Unha nova renovación de alumeado público permite un aforro dun 70 por cento na factura municipal

Sin definir

22.12.19.- O Concello de Vilamartín está comprometido coa eficiencia enerxética e o aforro no alumeado público. Os cambios que se están levando a cabo permiten aforrar entre un 60 a 70 por cento na factura da luz municipal. Ademais o aforro tamén se estende á gastos de persoal xa que as novas luces LED teñen maior duración e polo tanto non haberá que facer obras de cambio de bombillas e outras avarías relacionadas.

O inicio dos incendios na comarca fai necesario a obtención dun coche para Protección Civil Vilamartín

Sin definir

27.03.19.- Os incendios están facendo aparición moi cedo na nosa comarca. A pasada noite, ademáis dos lumes do Barco, o noso concello tivo un lume en Valencia do Sil. As lapas fixeron aparición ao redor das once da noite e co traballo de tres particulares e as catro persoas voluntarias do Equipo de Protección Civil puidose controlar. O rexedor, Rique Barreiro, agradece o traballo tanto dos veciños como dos voluntarios “grazas a eles puidemos controlar o lume e que non fora a máis”.

Listado provisional de admitidos e excluídos para a selección dun funcionario interino

Sin definir

19.11.18.- Publicamos a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos da convocatoria para a selección dun funcionario interino, auxiliar administrativo.

No seguinte enlace pode comprobar os nomes:

/web2/sites/default/files/191118%20ANUNCIO%20LISTADO%20PROVISIONAL%20ADMITIDOS.pdf

 

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.