un

25N un día para lembrar a Violencia contra as mulleres e eliminala

24.11.20.- Mañá celébrase o Día da eliminación da violencia contra as mulleres . No caso do noso concello non se celebrará a habitual concentración das 12 do mediodía diante do concello pola pandemia da Covid-19. O que si se solicita a todos os veciños que queiran adherirse a este día que garden o seu minuto de silencio.

Sin definir

Un Día da Muller para reivindicar

09.03.19.- O Día da Muller tamén tivo en Vilamartín o seu momento de lectura dun manifesto e reclamación de dereitos para as mulleres. Un colectivo de mulleres da vila foron as encargadas de organizar o acto deste ano e obtiveron a colaboración do concello. 

Sin definir

A asociación de concellos do Camiño de Inverno dedicará un día ao ano á promoción do camiño en cada comarca

14.12.18.- Os membros da Asociación de Municipios polos que transcorre o Camiño de Inverno reuníronse esta semana en Ferreira de Pantón e adoptaron unha serie de acordos. Entre eles o de dedicar un día ao ano á promoción do camiño en cada unha das comarcas polas que pasa. O ano que ven empezarase polo Bierzo por ser onde empeza esta ruta. Nese día promocional faranse charlas, exposicións e outras actividades aínda por acordar. Tamén pensan en facer un recoñecemento a algún persoeiro famoso que estea relacionado co camiño.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.