01.02.19.- Os traballos de embelecemento que se poderán facer con unha liña de subvencións que pon en marcha Turismo de Galicia van encamiñados a entender o Camiño de Inverno como un escaparate dos recursos turísticos que ten cada concello polo que pasa.
14.12.18.- Os membros da Asociación de Municipios polos que transcorre o Camiño de Inverno reuníronse esta semana en Ferreira de Pantón e adoptaron unha serie de acordos. Entre eles o de dedicar un día ao ano á promoción do camiño en cada unha das comarcas polas que pasa. O ano que ven empezarase polo Bierzo por ser onde empeza esta ruta. Nese día promocional faranse charlas, exposicións e outras actividades aínda por acordar. Tamén pensan en facer un recoñecemento a algún persoeiro famoso que estea relacionado co camiño.
01.06.18.-Unha delegación de varias institucións niponas percorreron nestes días o Camiño de Inverno empezando en Ponferrada e chegando a Vilamartín o día 30 de maio. O alcalde, Rique Barreiro, foi o encargado de atendelos ao seu paso pola vila e ensinoulles parte do trazado desta vía de peregrinación polo territorio vilamartinés.
Esta semana estamos a piques de celebrar o San Xurxo na nosa vila. Isidro García Tato tivo a ben escribir unha gran información sobre o Camiño de Inverno para o programa de festas e queremos facelo público na nosa web porque no programa non puido entrar por causas alleas á comisión de festas.
27.02.18.- O artista berciano Lolo Zapico ten unha exposición onde as temáticas rurais e a súa relación co Camiño de Inverno son as protagonistas. Este traballo que xa estivo exposto no Castelo de Cornatel e no Museo da Enerxía de Ponferrada, chega agora á Vilamartín para quedarse dous meses. É unha actividade organizada coa colaboración do Concello de Vilamartín e a Asociación de Concellos do Camiño de Inverno.
02.02.18.- O Concello de Vilamartín, que ocupa a vicepresidencia da Asociación de Concellos do Camiño de Inverno, recibiu esta semana ao resto de socios para continuar na montaxe desta nova entidade. Na reunión, celebrada o luns 26 de xaneiro, estiveron presentes alcaldes e representantes de 19 dos 23 concellos asociados entre Galicia e o Bierzo.
17.01.18.- Hoxe na Feira de turismo Fitur en Madrid houbo un acto de promoción do Camiño de Inverno onde estiveron presentes alcaldes da recentemente constituída Asociación de Concellos do Camiño de Santiago. O Concello de Ponferrada decidiu dedicar unha parte do seu stand promocional ao Camiño de Inverno para que todos os visitantes teñan a oportunidade de coñecelo nesta feira internacional de turismo.
23.11.17.- O alcalde de Vilamartin, Rique Barreiro, foi elixido esta semana como vicepresidente da Asociación de Concellos do Camiño de Santiago. O acto de constitución desta nova entidade celebrouse en Ponferrada o pasado día 20 e a el acudiron representantes de 14 dos 19 concellos que xa amosaron a súa intención de entrar nesta asociación. Non acudiron máis porque a algúns deles fáltalles levar a pleno a súa adhesión, entre eles A Rúa e Monforte.
20.07.17.- Mañana viernes, día 21, el Ayuntamiento de Vilamartín acogerá la llegada de la séptima etapa de la prueba deportiva en bicicleta de montaña, Gaes Pilgrim Race. Esta actividad partía el domingo, 16 de julio, desde Madrid y durante esta semana recorrieron una gran parte de los 725 quilómetros por rutas marcadas siguiendo Caminos de Peregrinación que repartieron en 8 etapas. La sexta etapa recorrerá parte del Camino Francés y entrará en Galicia por el Camino de Invierno.