O uso do Centro Santa Lucía ten que solicitarse no Concello

04.09.18.-  Dende a Concellería de Deportes anuncian que está aberto o prazo para solicitar o uso do Centro Santa Lucía para a realización de actividades. As persoas interesadas deben dirixirse ao Concello para recher unha folla de solicitude na que deben incluír os seguintes datos:

-Nome da actividade

-Datos de contacto da persoa encargada da mesma (teléfono, email)

-Días da semana e horas para o que solicitan

 

O prazo para apuntarse remata o día 20 de setembro e antes de que remate o mes, persoal da Concellería de Deportes porase en contacto cos solicitantes para indicarlles os seus horarios.

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.