Charla no Barco sobre Biopsia líquida co director do proxecto, o vilamartinés, Rafael López

06.03.17.- O xefe do Servizo de Oncoloxía do Hospital de Santiago e director do proxecto de Biopsia líquida, o vilamartinés, Rafael López, ofrecerá unha charla informativa este venres, día 10 de marzo, no Barco. A charla está organiza polos concellos de O Barco, Vilamartín, A Rúa e Petín para axudar a recadar fondos para esta investigación. A cita coas explicacións que dará o investigador será ás  20 horas, no salón de Usos Múltiples do Concello do Barco.

A Biopsia Líquida é unha técnica experimental que permite saber en 24 horas, e cunha análise de sangue, o estado no que se atopa un tumor. Este proxecto estano tentando poñer en marcha dende  o grupo de Oncoloxía Médica  Traslacional (Oncomet) que está dirixido polo vilamartinés, Rafael López.  Este especialista, co seu grupo, puxo en marcha unha campaña pioneira para recadar fondos e conseguir avanzar no desenvolvemento desta técnica para loitar contra a enfermidade do cancro.

O grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago aspira a reunir medio millón de euros facendo un chamamento a toda a sociedade galega nunha campaña de financiamento colectivo (micromecenazgo ou crowfounding). Queren colocar a Galicia como referente nacional e europeo neste campo da investigación médica. 

Sin definir
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.