18.04.17.- Este fin de semana a vila vivirá a festa do seu patrón, San Xurxo, e entre as actividades previstas, celebraráse un torneo de fútbol sala para os cativos. A Concellería de Ocio e Deporte, con Eva Arias ao frente, está organizando este torneo que comezará o sábado, día 22, ás 9:30 horas e ata as 14 horas. O evento deportivo celebraráse no pavillón do Bañadoiro e todos os rapaces participantes recibirán unha medalla, un obsequio e tamén unha chocolatada con churros a media mañá. Entre os colaboradores desta actividade atópanse: Asociación Penasdauga, Ayasa, Consello Regulador D.O. Valdeorras, Gadis, Ambulancias Sil. A todos eles o concello dalle as grazas por colaborar e invita a desfrutar deste torneo e das festas.
A festas de San Xurxo contarán cun torneo de fútbol sala para os rapaces
Sin definir