O Concello analizou as augas de 20 fontes públicas das que máis da metade non é apta para o consumo

Galego

25.08.16.-A Concellería de Sanidade de Vilamartín encargou unha analise microbiolóxica de 20 fontes de uso público no territorio deste concello para coñecer o seu estado. A analítica realizouse o pasado 8 de agosto e agora coñécense os resultados nos que se constata que en 11 delas a auga non é apta para o consumo e no resto non contan con suficientes garantías sanitarias. Esta analítica só ten un valor orientativo e só serve para dar unhas recomendacións xerais que os veciños consumidores desas augas deben valorar.

90 participantes na segunda Travesía a Nado Valdeorras disputada nas augas do Sil no Bañadoiro

Galego

25.08.16.-A segunda edición Travesía a Nado de Valdeorras celebrouse o pasado día 20 nas augas do río Sil entre O Barco e Vilamartín. Dúas das tres probas tiveron lugar en territorio de Vilamartín, na área recreativa do Bañadoiro, e reuniron a centos de persoas entre nadadores, acompañantes e público. 90 participantes tomaron a saída para completar os 2.525 metros do recorrido curto e os 5.050 metros do longo, puntuables para o XIII Circuíto Galego de Augas Abertas.

A II Travesía a Nado de Valdeorras celebrará as súas probas de expertos na zona do Bañadoiro

Galego

19.08.16.- O río Sil e a zona de O Bañadoiro en Vilamartín serán mañá protagonistas da segunda edición Travesía a Nado de Valdeorras. Unha proba que forma parte do XIII Circuito Galego de Augas Abertas.

Celebraranse tres carreiras, unha primeira popular pola mañá  realizable por  todos os niveis e todas as idades en augas do río Sil no Barco. As dúas probas máis longas e xa para expertos serán en Vilamartín con distancias de 2525 e 5050 metros.

O Concello de Vilamartín colabora co II Silfest lembrando a figura do poeta Florencio Delgado Gurriarán

Galego

19.08.17.- Hoxe ás 20:30 horas celebrarase dentro da segunda edición do Festival Silfest no Barco a primeira competición poética “I Poetry Slam Silfest”. Nela o poeta de Córgomo, Florencio Delgado Gurriarán, terá unha presenza especial segundo nos indican dende a organización do Silfest. Xa adiantan que se repartirán unhas chapas co seu retrato como parte desa homenaxe ao poeta valdeorrés. O Concello de Vilamartín colabora co festival para apoiar esta competición poética e lembrar a figura de Florencio Delgado.

A Ruta das Covas de Vilamartín cumpre 20 anos este sábado

Galego

04.08.16.-A Ruta das Covas de Vilamartín celebrará este fin de semana os seus 20 anos de vida coa apertura de 49 covas. A festa adiantarase a mañá venres, día 5,  para os coveiros e amigos coa celebración da coñecida “Pequena”, unha pequena ruta por algunhas covas, para permitirlle aos coveiros, pasar tamén unha tarde de festa. Empezarán a partir das 18 horas coa IV Guerra das Fontes e a continuación o pregón a cargo do médico, Rafael López López.

A Feira Inxertarte nace como complemento á Ruta das Covas

Galego

03.08.16.-A concelleira de Cultura, Amparo Rodríguez Ferrer e o voluntario de biblioteca, Amancio Delgado, presentaron hoxe a primeira edición da Feira Inxertarte

As actividades sociais e culturais en Vilamartín contarán cunha ordenanza de prezos aprobada no pleno do mes de xullo

Galego

31.07.16.-O Concello de Vilamartín celebrou na tarde do xoves, día 28 de xullo, unha sesión plenaria ordinaria na que se aprobaron por unanimidade todos os puntos da orde do día. Entre os temas aprobados está  a ordenanza de prezo público para actividades sociais e culturais, o regulamento da agrupación de voluntarios de protección civil e un convenio coa deputación provincial que rebaixará os gastos na xestión da legalización e regularización das captacións de auga.

O concello de Vilamartín fai un chamamento a vendedores ambulantes para recuperar a feira mensual

Galego

22.07.16.- O concello de Vilamartín quere recuperar a feira tradicional mensual que hai anos se celebraba no centro da vila cada 24 de mes. Nestes días está facendo un chamamento para que vendedores ambulantes  da zona de produtos variados: horta, téxtil, calzado, etc se unan ás tradicionais pulpeiras que cada 24 se achegan á vila .

Primeira experiencia este domingo día 24 de xullo

14 covas abrirán mañá en Arcos

Galego

08.07.16. A tempada de festas relacionadas con estas particulares adegas baixo terra comeza no Concello de Vilamartín. Mañá  sábado celebrarase a III Festa Coveira na localidade de Arcos organizada pola Asociación Coveiros de Arcos e ca colaboración do concello.

A confederación hidrográfica realiza o dragado do río Leira para evitar desbordamentos

Galego

21.06.16.- A Confederación Hidrográfica Miño-Sil realiza as obras de dragado do río Leira para evitar os desbordamentos na súa desembocadura. O alcalde, Enrique Álvarez Barreiro, explicou que levaban varios meses solicitando esta obra para evitar as enchentes que afectaban con moita frecuencia a esta zona do río. Despois de múltiples xestións e informes dos danos ocasionados, a confederación admitiu a súa necesidade, e esta semana comezaron as obras. O dragado afecta á zona final do trazado, na zona do Bañadoiro e pasando por debaixo da estrada N-120 e da vía do tren. 

Páxinas

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.