O Concello mellorará o servizo de auga de consumo en Arcos, Valdegodos e Vilamartín centro

Galego

02.06.17.- Na sesión plenaria celebrada o día 1 de xuño,  a corporación aprobou por unanimidade a adhesión a  un convenio coa Deputación para a prestación de asistencia na xestión das instalacións de produción e distribución de augas de consumo humano.  O principal obxectivo deste convenio é contar co asesoramento e vixilancia dunha empresa para mellorar a calidade da auga nas estacións depuradoras de Arcos-Valdegodos e Vilamartín centro.

O Concello prohibe o paso aos camións e vehículos pesados pola estrada de Cernego

Galego

25.05.17.- A estrada de Cernego leva sufrido numerosos desperfectos dos que se ten que feito cargo ata o de agora o Concello. Estes  problemas  no vial están provocados polo paso continuo de camións cargados con madeira cortada nos montes da zona. A pesar de que existe unha sinalización onde se indica que non poden transitar con cargas superiores a 5,5 toneladas por eixe non se está a facer caso por parte das empresas madeireiras. Hai coñecemento do paso de camións con cargas superiores a primeiras horas da mañá.

unha andaina solidaria cunha gran asistencia de participantes

Galego

21.05.17.-Máis de 300 persoas participaron nunha andaina solidaria por roteiros marcados no territorio do concello. A máis longa de 17 kilómetros subiu dende a zona do Bañadoiro ata o pobo de Correxais con magníficas vistas de toda a zona. A segunda andaina duns 3,4 kilómetros percorreu a zona do Bañadoiro á beira do río Sil.

O Concello cede unha vivenda á Cruz Vermella para a atención de persoas refuxiadas

Galego

09.05.17.-O Concello de Vilamartín de Valdeorras acolleu onte pola tarde a sinatura dun convenio de colaboración  polo que se pon a disposición de Cruz Vermella unha vivenda nesta localidade para a atención de persoas refuxiadas ou solicitantes de asilo.

O luns remata o prazo para apuntarse a Andaina Solidaria do día 14

Undefined

03.05.17.- Este luns, día 8, remata o prazo para poder apuntarse nesta Andaina Solidaria para continuar coa recadación de fondos para o proxecto de Biopsia Líquida que está levando a cabo Oncomet. Os lugares nos que se poden apuntar estes días son a Asesoría Firmar en Vilamartín e nas tendas Tri-Sport no Barco, A Rúa. Tamén se poden anotar a través da plataforma www.carreirasgalegas.com . O custe é de 8€ dende os 14 anos en adiante e de 3€ para os pequenos.

Recollida de sinaturas polos danos da xeada nas viñas

Undefined

Veciños do Mazo colaboraron na limpeza do seu pobo

Galego

29.04.17.- O Concello de Vilamartín, a través do seu alcalde, Rique Barreiro, quere expresar o agradecemento a todos aqueles veciños que día a día están dispostos a colaborar para mellorar as condicións dos pobos. O alcalde explica que “sen o seu apoio e colaboración non sería posible facer todo cos medios que temos”.

Neste caso o exemplo de colaboración tivémolo esta semana no pobo de O Mazo onde os veciños axudaron a limpar as rúas.

Cheo absoluto na obra de teatro do grupo Xaime Prada para recadar fondos para a Biopsia Líquida

Galego

24.04.17.- O salón do Centro Cultural Santa Lucía acolleu o sábado, día 22,  a representación teatral  “O consultorio médico” posto en escena polo grupo de teatro Xaime Prada. A obra recibiu o aplauso de máis de 150 persoas que encheron a sala para apoiar aos actores desta agrupación da vila e tamén para colaborar coa campaña de micromecenado da investigación sobre a Biopsia Líquida (nova proba para acelerar os diagnósticos de cancro). As entradas custaban 3€ e toda a recadación vai ser destinada á entidade Oncomet que leva acabo esta investigación.

Un día para rememorar unha traxedia da que se cumpren 40 anos

Undefined

A festas de San Xurxo contarán cun torneo de fútbol sala para os rapaces

Undefined

18.04.17.- Este fin de semana a vila vivirá a festa do seu patrón, San Xurxo, e entre as actividades previstas, celebraráse un torneo de fútbol sala para os cativos. A Concellería de Ocio e Deporte, con Eva Arias ao frente, está organizando este torneo que comezará o sábado, día 22, ás 9:30 horas e ata as 14 horas. O evento deportivo celebraráse no pavillón do Bañadoiro e todos os rapaces participantes recibirán unha medalla, un obsequio e tamén unha chocolatada con churros a media mañá.

Páxinas

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.