16.09.20.- Este venres remata a segunda campaña de escavación do colectivo Sputnik Labrego no Castro de Valencia do Sil. Este mércores, día 16, entregaron no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense todo o atopado tanto nesta campaña como na anterior. Para rematar a estadía na zona queren amosar a todos os veciños da comarca o que descubriron nestes 15 días de traballo. Para elo farán unha xornada de visita o sábado 19 de setembro ás 10 da mañá. As explicacións faranse en grupos de 10 persoas para seguir as medidas de seguridade da Covid-19.
31.08.20.- No día de hoxe volveron a Vilamartín os membros do colectivo Sputnik Labrego para continuar escavando na zona do castro de Valencia do Sil. Os traballos feitos o ano pasado deron pé a que neste puideran volver e continuar buscando máis elementos do noso pasado para poder explicar o uso do castro de Valencia do Sil e os anos de ocupación. Os membros de Sputnik Labrego estarán encantados de recibir visitas durante o seu tempo de traballo dende as 10 da mañá ata as 5 da tarde. Os traballos faranse ata o 18 de setembro.
O Concello editou un bando que está colocado en diferentes zonas lembrando as obrigacións dos propietarios dos cans e a necesidade de coidar deles e non deixalos soltos polas vilas. Indícase no texto que na ordenanza municipal reguladora hai marcadas multas que poden ir de leves a moi graves e que económicamente poden supoñer dende 30 a 15.000 euros.
O cine ao aire libre visitou en agosto as localidades de Arcos e Portela coincidindo coas súas festas. No mes de xullo esta actividade estivo presente en Córgomo e tamén no centro da vila. Ademais no campo de fútbol celebrouse un contacontos para os máis pequenos. Todas as sesións e actividades rexistraron moita afluencia de público e foron ben acollidas. Agardamos poder repetir a experiencia.
Neste mes de agosto temos confirmado o primeiro caso de Covid-19 no verán. Trátase dunha persoa en Valencia do Sil. Solicitamos a máxima precaución e adoptar todas as medidas sanitarias precisas. Por parte do concello xa se fixo unha desinfección desta zona no mesmo día que obtivemos confirmación e tamén comunicamos a todos os veciños a través das redes sociais:
29.07.20.- A empresa Ocio y Deporte S.L. celebrará na zona do Bañadoiro un Campus de Fútbol-Deportivo "Ocio y Deporte" do 17 ao 23 de agosto. O Concello porá a disposición desta empresa as instalacións deportivas. Haberá diferentes categorías por idades. As inscricións poden realizarse contactando na páxina de Facebook "Campus Deportivo Ocio y Deporte" que os organizadores abriron para este tema. No cartel da actividade teñen máis datos de prezos e idades de participantes.
28.07.20.- Esta semana comezaron as proxeccións de cine ao aire libre no noso concello. O domingo 26 fíxose a primeira no Campo de fútbol e este mércores 29 haberá unha nova sesión na localidade de Córgomo coincidindo coas súas festas. O cine tamén estará en Arcos o día 10 de agosto e agora engádese unha nova cita para a localidade de Portela. Será o próximo 14 de agosto coa proxeción do filme "Corgi, as mascotas da raíña". A pelicula poderá verse no exterior da casa do pobo ás 22:30 horas. A entrada en todas as proxecións será gratuíta.
El Ayuntamiento de Vilamartín de Valdeorras ha sustituido 573 luminarias del alumbrado público por unas nuevas de tecnología LED. Con esta actuación, llevada a cabo en el mes de diciembre pasado, el ahorro energético llegará al 70%. De esta manera, este ayuntamiento da un paso más a favor de la eficiencia energética.
Este verán contará con cine ao aire libre en varios puntos da nosa xeografía para tentar levar a cultura e a diversión a todos os veciños. O formato de cine ao aire libre está funcionando moi ben noutras localidades veciñas e vaise poder disfrutar tamén nos nosos pobos. A programación empezará o 26 de xullo coa proxeción da película María Soliña no Campo de fútbol de Vilamartín. A seguinte proxeción será Super López na localidade de Córgomo para o día 29 deste mes.
20.06.20.-Este luns, día 22 de xuño, abren as piscinas municipais cumprindo as medidas de seguridade. O recinto estará controlado para non superar o 75% da súa capacidade e será obrigatorio o uso de gorro de piscina. Ademais haberá dispensadores de xel hidroalcohólico e limpeza dos baños e vestiario, entre outras medidas, para cumprir coas normas de hixiene pola enfermidade da COVID-19. O horario de apertura será de 12:30 horas a 20:30 horas.