18.06.20.- Estes meses de verán serán un pouco diferentes para os máis pequenos da casa en Vilamartín xa que este ano non é posible poñer en marcha as actividades do campamento Vilaverán. As condicións xeradas a partir da COVID-19 levaron á Concellería de Cultura a ter que cancelar estas actividades. Tal e como explica a concelleira, Claudia Núñez, “despois de moito deliberar tomamos a decisión de cancelalo xa que non podemos cumprir coas medidas de seguridade que se esixen”.
12.06.20.- O concello de Vilamartín convoca dúas prazas para contratar traballadores. Unha será para un albanel e outra para un peón forestal. Os contratos serán de 6 meses por obra.
O prazo para presentar as solicitudes no rexistro do Concello estará aberto ata o día 19 de xuño.
07.06.20.- A partir de mañá, día 8 de xuño, estaremos estrenando unha nova fase da desescalada xerada pola enfermidade da COVID-19. Nesta nova etapa amplíanse as actividades que se poden facer en grupo e os establecementos terán máis liberdade para atender aos seus clientes. Ademais haberá movilidade entre provincias galegas. Lembramos que ata o 21 de xuño continúa o Estado de Alarma e as medidas para conter a expansión do coronavirus. Dende o concello lembramos a necesidade de usar máscara na boca e lavar as mans con xabón ou produtos hidroalcólicos para evitar contaxios.
05.06.20- As instalacións deportivas non son espazos para que as usen os animais de compañía, polo que dende o Concello apelan á responsabilidade cidadá para que non se acceda ao campo de fútbol con cans. Este espazo está habilitado para o seu uso deportivo o que non é compatible coa presenza de animais domésticos, os destrozos que poden ocasionar e os seus excrementos . En todo o municipio existen numerosos espazos onde os animais poden estar libres sen necesidade de que estean nos parques ou espazos de actividade deportiva .
25.05.20.- Dende hoxe e ata o 8 de xuño, salvo novas de última hora, estaremos en Fase 2 da desescalada pola enfermidade do Coronavirus. Moita precaución.
19.05.20.- Está aberto durante esta semana o prazo para presentar no concello a documentación que se solicita para poder optar a cubrir un destes postos. As bases de selección atópanse publicadas na sede electrónica que está nesta páxina web municipal.
As dúas prazas de persoal temporal laboral son :
- 1 albanel
- 1 condutor de tractor con desbrozadora e outra maquinaria.
Hai cinco días hábiles para presentar a documentación. No caso do albanel rematan este venres, día 22, e para o condutor o luns día 25 de maio.
O Concello de Vilamartín terá un horario diferente nesta fase de desescalada da enfermidade do Coronavirus. Ao ser un concello de menos de 5.000 habitantes non terá que facer horarios partidos para que poidan sair a pasear e facer deporte os diferentes grupos de poboación.
13.04.20.- O Instituto enerxético de Galicia (INEGA) continúa tendo aberto o prazo de presentación das convocatorias para subvencións relacionadas coas enerxías renovables. Unha das axudas son para a proxectos de enerxía solar fotovoltaica e outra para proxectos de enerxía renovables de uso térmico. Os prazos para a presentación de solicitudes están abertos dende comezos do mes de marzo e continuarán ata o 1 de xullo deste ano. Na sede electrónica da Xunta teñen todos os detalles.
08.04.20.- O Concello de Vilamartín continúa co seu traballo de axudar aos veciños durante o Estado de Alarma orixinado pola enfermidade do Coronavirus. Ademais das desinfeccións nas rúas e o servizo do teléfono de axuda para compras e outras necesidades, agora poñen en marcha un servizo orientado aos alumnos do centro escolar Xosé Manuel Folla Respino. Nesta ocasión poñen a disposición do alumnado as impresoras municipais para que poidan facer copias de traballos e contidos escolares.