Agradecemento para todos os voluntarios e para todos os ofrecementos de colaboración

21.03.20.- Nestes días tan complicados para todos, queremos agradecer a gran solidaridade de moitos dos nosos veciños e os traballos do voluntariado que se están a facer no noso concello. Dende que empezou o decreto do Estado de Alarma numerosos veciños puxéronse en contacto con nós ofrecendo a súa axuda para o que precisaramos. Xente de Arcos, Penouta, Correxais e outras localidades deste municipio que amosan a súa grandeza e boa vontade ofrecendo a súa colaboración ben de xeito individual e tamén a través de asociacións .

Undefined

Vilamartín crea un grupo de axuda ante o Estado de Alarma polo coronavirus

Chama ao 679 84 68 79 se precisas axuda

16.03.20.- O equipo de goberno do Concello de Vilamartín creou un grupo de axuda para facer fronte ás urxencias e necesidades que poidan xurdir nesta alerta sanitaria polo virus Covid-19. Está dirixido a todas aquelas persoas que precisen comprar comida ou medicamentos e non teñan posibilidades para desprazarse. Tamén para axudar ante unha urxencia que xurda. Só teñen que chamar ao: 679 84 68 79.

Undefined

Chamamento á calma e a responsabilidade ante o coronavirus

Peche dos parques infantís no concello

14.03.20.- A crise do coronavirus abre un panorama descoñecido que nos vai poñer a proba como seres humanos. Dende o Concello de Vilamartín queremos apelar á humanidade, solidariedade e sentido común de todos os nosos veciños para tentar parar esta enfermidade. Lembramos que tomar as medidas de precaución recomendadas e non moverse da casa é o mellor xeito de non espallar a doenza. Queremos agradecer a todos a vosa colaboración e a paciencia nos próximos días.

#MeQuedoEnCasa
#PararLaCurva

Undefined

Novas rúas e camiños arranxados

Obras de arranxo nas rúas e camiños

13.03.20.- Nestas semanas estivemos arranxando varias rúas e camiños deste concello. A semana pasado traballamos no centro urbano, nas rúas Eirexa e Justino Fernández. Nestes días tocou rematar o asfaltado no camiño da Carruíña en Portela.

Undefined

Bando sobre as medidas adoptadas para conter o Covid-19 no noso concello

Bando do Concello de Vilamartín coas medidas preventivas adoptadas dende este organismo

13.03.20.- Onte o Concello de Vilamartín decretou a suspensión das actividades grupais en locais municipais para axudar a frear a expansión da enfermidade do coronavirus. As medidas excepcionais que se están levando a cabo nestes días en toda Galicia e no resto de España levan a facer unha chamada á responsabilidade e a calma. Dende esta mañá temos un bando no que se explican as dúas medidas que se adoptan neste concello. Por un lado limitase a atención presencial na propia casa do concello e por outro suspéndense todas as actividades en grupo en locais municipais.

Undefined

As festas do San Xurxo xa contan con comisión de festas

Imaxes da festa do ano pasado

12.03.20.- A Concellería de Cultura quere agradecer a implicación de dúas persoas para que finalmente o pobo poida celebrar as festas do San Xurxo no mes de abril. A concelleira, Claudia Núñez, amosa a súa satisfacción por poder contar con Javier Ferrer e Victor Ramos para poder montar a comisión de festas e organizar un programa de actividades para os días de festexos do 23 ao 26 do mes que ven. De momento aínda non se coñece a programación pero iremos informando a medida que coñezamos máis detalles.

Galego

Actividades do Día da Muller durante toda a semana

Programa completo do 8 de Marzo

A primeira semana deste mes de marzo dedicarémola a varias actividades para celebrar o 8 de Marzo, o Día da Muller Traballadora. Todas elas farémolas en colaboración coa Plataforma Mulleres de Valdeorras. Empezaremos o mércores día 4 cunha conferencia debate sobre a "A Igualdade da Muller no Século XXI" no Centro Santa Lucía ás 18 horas. O venres, día 6, ás 12 horas faremos diante do concello a lectura do Manifesto 8M e durante a fin de semana haberá cine no Santa Lucía o sábado coa proxección da película "Casa de Bonecas" e o domingo marcharemos de romería ata San Miguel de Outeiro.

Undefined

Arranxo dun camiño en Correxais

Un novo camiño de Correxais foi reparado para facilitar o acceso dos veciños ás súas vivendas e terreos.

Undefined

Aberto o prazo para anotar as comparsas que participaran no Entroido

Cartel do Entroido de Vilamartin 2020

O domingo 22 de febreiro celebrarase o tradicional desfile de Entroido en Vilamartín. O prazo para anotar as comparsas e levar o premio por participar está aberto ata o dia 18 de febreiro.

Undefined

O pleno de Vilamartin reclama unha solución inmediata á estrada do pobo de San Vicente

Pleno celebrado o día 30 de xaneiro (Foto cedida por Susana Prieto)

Na sesión plenaria celebrada o día 30 de xaneiro aprobouse unha moción presentada polo grupo municipal socialista solicitando unha solución para o acceso ao pobo de San Vicente.

Undefined

Páxinas

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.