Reunión dos veciños de Penouta co alcalde de Vilamartín para falar de temas do seu pobo

Galego

03.06.16.- O alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro, reuniuse onte cos veciños do pobo de Penouta. A celebración deste “concello veciñal” serviu para que os habitantes desta localidade demandaran limpeza das estradas e dos camiños. Tamén falaron do arranxo da pasarela peonil que os une coa zona do Bañadoiro.Outro dos temas tratados foi a cesión dos terreos para a construción dunha fosa séptica e a xestión das augas residuais.

A Deputación iniciará as obras de arranxo provisional da estrada de San Vicente e sacará a concurso a regularización do firme

Galego

O deputado de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos, Pablo López, visitou no día de onte, 1 de xuño, a estrada de San Vicente. Estivo acompañado polo enxeñeiro xefe da deputación para ver “in situ” as obras a realizar. A semana pasada o presidente da Deputación, José Manuel Baltar, comprometeuse co alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro, a iniciar traballos de regularización do firme e ensanche da estrada.

 

Pregúntalle ao Alcalde

01.06.2016 .- Poñemos a disposición dos veciños e veciñas interesados un enderezo de correo electrónico no que poderedes plantear as vosas dúbidas ou suxerencias ao alcalde. Serán respondidos á maior brevidade posible.

preguntalleaoalcalde@vilamartindevaldeorras.es

Galego

Redes Sociais

01.06.2016 .- Tamén temos presenza en Redes Sociais. Búscanos en Facebook e participa!!! Para nós é importante a opinión dos veciños e por iso abrimos estas canles de comunicación directa co Concello de Vilamartín de Valdeorras.

 

Galego

Benvidos á nosa páxina web

01.06.2016 .- Benvidos ao noso novo espazo web. Nel encontrarás toda a información relevante do Concello de Vilamartín de Valdeorras

 

Galego

Páxinas

Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.