Éxito da actividade multideportes para os máis novos da casa

01.11.18.- Durante o mes de outubro comezaron as actividades deportivas no Concello de Vilamartín, tanto de adultos como de cativos. Unha das actividades de nova creación este ano  para os cativos foi a de multideportes. Está orientada a nenos e nenas dende 5-6 anos ata os 14 e faise os venres de 18 a 19 horas. A Concellería de Deportes fixo unha aportación de material deportivo para por en marcha estas actividades (fotos) . Dende a concellería están valorando, en base á participación dos asistentes, ampliar esta actividade unha hora mais semanalmente. Para poder facer esta ampliación agardarán ata inicios de ano que ven. Dende a Concellería de Deportes, queren agradecer aos veciños participantes o seu involucramento  e animar a aqueles que aínda non se decidiron a que se apunten para formar parte do movemento deportivo vilamartinés, indicando a concelleira, Eva Arias:  “Si vós vos movedes o concello tamén”.

 Este é algún do material deportivo que se utiliza nas actividades:

    

 

 

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.