Aberta a campaña de recollida de alimentos da Cruz Vermella

14.11.17.- O Concello de Vilamartín colabora na campaña da Cruz Vermella: “Por un Nadal feliz para todos”. A actividade está centralizada na casa consistorial coa colaboración de Protección Civil da vila. O horario de recollida é de nove da mañá a dúas da tarde.

Este ano non se van recoller xoguetes solo alimentos non perecedoiros (fariña, arroz, pastas, azucre, etc). Os interesados en participar teñen que achegar os produtos ata a casa do Concello. A Concelleira de Cultura, Amparo Rodríguez, explicou que na campaña está colaborando a Asociación de Mulleres Rurais de Córgomo e que unha vez que remate a campaña os produtos irán a Ourense cidade e dende alí farase o reparto para a comarca. 

   

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.