
O domingo 22 de febreiro celebrarase o tradicional desfile de Entroido en Vilamartín. O prazo para anotar as comparsas e levar o premio por participar está aberto ata o día 18 de febreiro. Os interesados deben apuntarse na casa do concello para levar o diñeiro que se lles adxudica directamente por participar, en base ao número de persoas que formen parte da comparsa. Se son máis de 10 participantes levarán 100 euros, con máis de 20 persoas a cantidade sube ata 200 euros e con 30 ou máis 30 persoas a cantidade sube ata 300 euros.
O día 22 de febreiro o desfile empezará as 17:30 horas dende a Praza da Rodeleira ata a Praza Xosé Luís Núñez. Os participantes, unha vez rematado o desfile, disfrutarán dunha merenda a base de orellas e refrescos que lles ofrecerá o Concello de Vilamartín.