Aberto o prazo para axudas a proxectos con enerxías renovables

13.04.20.- O Instituto enerxético de Galicia (INEGA) continúa tendo aberto o prazo de presentación das convocatorias para subvencións relacionadas coas enerxías renovables. Unha das axudas son para a proxectos de enerxía solar fotovoltaica e outra para proxectos de enerxía renovables de uso térmico. Os prazos para a presentación de solicitudes están abertos dende comezos do mes de marzo e continuarán ata o 1 de xullo deste ano. Na sede electrónica da Xunta teñen todos os detalles.

Axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica. (IN421O): https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN421O&ano=2020&nump...

Axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico. (IN421P): https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN421P&ano=2020&nump...

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.