Abren as piscinas con medidas de seguridade

20.06.20.-Este luns, día 22 de xuño, abren as piscinas municipais cumprindo as medidas de seguridade. O recinto estará controlado para non superar o 75% da súa capacidade e será obrigatorio o uso de gorro de piscina. Ademais haberá dispensadores de xel hidroalcohólico e limpeza dos baños e vestiario, entre outras medidas, para cumprir coas normas de hixiene pola enfermidade da COVID-19. O horario de apertura será de 12:30 horas a 20:30 horas.
O primeiro día de apertura será con entrada gratuíta e está planeado durante os días de verán dedicar unha xornada a inchables para os máis pequenos.

Prezo de entrada e bonos mensuais:

Os pequenos ata 1 ano entrarán gratis, a partir desa idade ata os 13 anos nenos pagarán 1 euro e a partir dos 14 anos a entrada custará 1,50 euros. Haberá bonos mensuais recortables que custarán 20 euros para os rapaces e 30 euros para os adultos.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.