Aprobada a modificación de dúas ordenanzas do sector construtivo que supoñen unha diminución no pago das taxas municipais

28.09.18.- Na sesión plenaria ordinaria celebrada onte, día 27 de setembro, modificáronse dúas ordenanzas referentes a temas construtivos. Por un lado a do I.C.I.O. e por outro a fiscal reguladora da taxa de expedición de licenza urbanística, nos dous casos suporán aforro no seu pagamento, na súa maioría.  Por exemplo ata o 95% no caso do ICIO en condicións especiais e as obras menores pagarán o 1 %  do seu valor cando antes tiñan unha taxa fixa de 120 euros.

O Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) terá unha bonificación de ata o 95% naquelas construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer unha serie de circunstancias especiais que se especifican na modificación desta ordenanza. O cambio foi aprobado por unanimidade do grupo socialista de goberno e dun concelleiro da oposición.

A outra modificación de ordenanza afecta á fiscal reguladora da taxa de expedición de licenza urbanística. Antes había unha taxa municipal de 120 € fixa que pagaba calquera tipo de obra. Agora establécese o 1% do valor da obra a realizar, a diminución vaise notar principalmente en obras menores de custe baixo xa que antes tiñan que pagar a taxa fixa que nalgúns casos supuña un alto custe.

   

Festivos locais: San Xurxo e a Madalena

O pleno aprobou onte propoñer como festivos locais do ano que ven os días 23 de abril (San Xurxo) e o 22 de xullo ( A Madalena).

Por outra parte continuouse co tramite de cesión gratuíta do edificio do Centro de Saúde de Vilamartín ao Sergas para aforrar os gastos do seu mantemento.

No apartado de rogos e preguntas o concelleiro  independente de Alternativa dos Veciños de Vilamartín, José Pinto Álvarez, preguntou sobre o estado da fosa séptica de Arcos e os trámites para construír unha nova. O alcalde, Rique Barreiro, explicou que segue adiante co “peregrinar de administración en administración para conseguir fondos”. Neste caso indicou que parece que pode haber dende Confederación Hidrográfica a posibilidade de poñer en marcha a redacción do proxecto pero de momento sen “ningún papel que o confirme”.

O concelleiro da oposición tamén quixo saber do estado das tramitacións dos plans parciais para os polígonos da Sobreira e Arcos. No caso do primeiro o rexedor indicou que están pendentes dun informe de estadas e no de Arcos haberá que esperar aos próximos orzamentos para ter partida para redactar o proxecto .

 

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.