Axudas para embelecer os Concellos polos que pasa o Camiño de Inverno

01.02.19.- Os traballos de embelecemento que se poderán facer con unha liña de subvencións que pon en marcha Turismo de Galicia van encamiñados a entender o Camiño de Inverno como un escaparate dos recursos turísticos que ten cada concello polo que pasa. Esta semana reuníronse en Vilamartín representantes de concellos, tanto da zona galega como da berciana, da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno a Santiago, para informarse sobre as axudas convocadas hai uns días pola Axencia de Turismo da Xunta de Galicia ás que poden ter opción, como concellos e tamén como asociación.

Nesta reunión a información foi dada por Javier Otero, director dunha empresa de desenvolvemento territorial que xa ten realizado varios proxectos na comarca de Valdeorras, explicando as liñas de axuda, dirixidas principalmente a temas de embelecemento, recuperación do patrimonio, melloras de accesibilidade e sinalización de recursos turísticos. Explicou que a estas axudan pódese presentar un único proxecto que pode ter varias actuacións de forma coordinada, que se seleccionarán polo sistema de concurso e o prazo para solicitalo remata o 18 de febreiro. O total da subvención son 45.000 euros e proponse que se dedique principalmente a sinalización de elementos arquitectónicos e paisaxísticos que leven a diferenciar este camiño dos outros. Plantear esta opción de peregrinaxe dun xeito máis relaxado desfrutando da natureza e de todo o entorno.

   

 

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.