02-12-18.- Hai unha semana, Belén Gómez, estaba facendo realidade unha actividade na que levaba moitos meses traballando rodeada de familia e amigos. A I Carreira das Cidades celebrouse no noso concello, partindo do colexio Manuel Folla Respino en Valdegodos e percorrendo varias localidades. As modalidades de andaina e carreira reuniron a 1.100 persoas superando todas as expectativas iniciais e desbordando a ola de solidariedade para recadar fondos para becas de investigación na loita contra o cancro de Páncreas. O seu home faleceu desta enfermidade e ela coa súa familia empezou a pensar en como axudar a que outras familias non pasen o mesmo.
Belén Gómez amosando o cartel da carreira
-Como te sentes?. Mereceu a pena?
-Síntome super ben, non teño palabras. Xa me parecía xenial cando o acto estaba previsto para unhas 300 persoas imaxínate con 1.100 que máis se pode pedir. Ademais todo saeu ben e non houbo comentarios en negativo. Estou moi orgullosa, conseguimos algo moi bonito. Logramos máis diñeiro para a beca de estudos e que ese diñeiro poida axudar a gañarlle a carreira ao Cancro de Páncreas.
Toda a recadación irá integramente para unha beca de investigación?
Por suposto que si. Todo integramente para a Asociación ACANPAN . Non se colleu nin un euro para outros gastos. A Comida, as camisetas e outros gastos asumíronse doutro xeito con colaboracións e doazóns de empresas.
Sabemos que tes unha lista de agradecementos. A quen queres darlle as grazas especialmente?
Claro que a teño e non quero esquecer a ninguén. Empezando por toda a xente que participou e aportou diñeiro, ás miñas cuñadas: Patri e Eva. E tamén a colaboradores tan importantes como:
-Maite Rodríguez (secretaria delegación atletismo en Valdeorras)
-Manuel Rodríguez Teijeiro (delegado da Federación Galega de Atletismo Valdeorras)
-Manuel Alejandre (entrenador do ADAS)
-José López García “Parra”
E tamén aos Concellos do Barco, Rubiá e Vilamartín que aportaron diñeiro e en especial no noso concello ao alcalde, Rique Barreiro, quen estivo en todo momento pendente de todo o que necesitábamos. Portouse xenial, non se pode pedir máis.
Haberá segunda edición desta actividade?
Si que haberá. Agora estamos descansando pero xa temos en mente ideas para a próxima na que entre outras cousas cambiaremos o percorrido. Pero xa se verá.
Fotos cedidas pola organización da actividade a través de Belén Gómez: