Celebrado un curso para aprender a actuar ante unha emerxencia cos aparatos de reanimación cardíaca

14.05.18.- Esta fin de semana varias persoas relacionadas con diferentes áreas do Concello de Vilamartin participaron nun curso de “RCP-DESA (Desfibrilador semiautomático)” para aprender a utilízalo. Estes aparatos están instalados no pavillón polideportivo e tamén no centro Vía Nova para poder atender urxencias relacionadas con paros cardíacos. Na formación estiveron 5 voluntarios de Protección Civil, a monitora de envellecemento activo, o monitor de tempo libre e tamén o alcalde, Rique Barreiro, o concelleiro de Sanidade, Pablo Deramond e o concelleiro da oposición, José Pinto. A actividade celebrouse o sábado pola mañá con técnicos autorizados pola Xunta de Ambulancias Sil. Os asistentes recibiron un certificado de aprendizaxe. Esta formación é necesaria e recomendable cada dous anos para poder ter os coñecementos ao día e poder utilizar este tipo de aparatos nunha situación de emerxencia. O Concello intentará facer unha actividade formativa deste tipo todos os anos.       

 

   

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.