Á Concellería de Deportes gustaríalle obter máis subvencións para contar con máis actividades deportivas para os nenos do concello

02.11.18.- A actividade de fútbol sala que imparte o concello de xeito gratuíto para os nenos comezou no mes de outubro cunha pequena axuda de Deputación. Dende a Concellería de Deportes  informan da concesión dunha axuda económica por valor de 646.22 euros para sufragar unha pequena parte desta actividade para todo o ano. Dita contía, explican que  é a única que en Deportes se recibe dende a Deputación de Ourense de xeito anual. Aclaran que esta cantidade cubre escasamente un 19% do total do gasto que o Concello destina a actividades deportivas dos cativos.

Dende a concellería desexan que en vindeiros anos se teña máis en conta aos concellos á hora de repartir subvencións e que se poidan poñer en marcha máis actividades deportivas destinadas non só aos nenos  senón tamén a adultos e terceira idade, así como o mantemento e reformas de instalacións e organización de competicións deportivas.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.