O Concello asume as obras dunha nova captación de augas de urxencia para Valdegodos

02.11.17.- A seca deste ano está deixando sen auga a captación de Abelaído e o bombeo dende o río Leira para a zona de Valdegodos xera grandes custes en electricidade. Ante esta situación o goberno de Rique Barreiro solicitou un permiso de urxencia á Confederación Hidrogáfica Miño-Sil  para poder iniciar unha nova captación no río Farelos ao seu paso por Córgomo. As autorizacións xa están concedidas e dende a semana pasada xa se iniciaron as obras de colocación da tubaxe na veciña localidade de Córgomo.

O proxecto, nesta primeira parte, custaralle ao Concello uns 30.000 € que asume de obra e compra de material como as tubarias. A outra parte de tubaxe ata a saída deste pobo xa se colocou durante as obras de saneamento e acondicionamento en previsión de que nun futuro fixeran falta para poder subministrar auga.  Unha vez que se rematen as obras polo centro do pobo de Córgomo o resto da canalización farase en paralela á canle de rego desta localidade ata chegar á nova zona de captación.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.