
05.06.20- As instalacións deportivas non son espazos para que as usen os animais de compañía, polo que dende o Concello apelan á responsabilidade cidadá para que non se acceda ao campo de fútbol con cans. Este espazo está habilitado para o seu uso deportivo o que non é compatible coa presenza de animais domésticos, os destrozos que poden ocasionar e os seus excrementos . En todo o municipio existen numerosos espazos onde os animais poden estar libres sen necesidade de que estean nos parques ou espazos de actividade deportiva . A idea é lograr unha convivencia pacífica e axeitada para todos. .
Ademais lembran que en toda a zona do Bañadoiro non poden estar os cans soltos e que é obrigatorio recoller os excrementos dos animais que están de paseo. Lembran as autoridades municipais que estas son medidas para favorecer a convivencia de todos nunha área de uso aberto a todo o público. En todo o Bañadoiro hai carteis que lembran as normas para que todo aquel usuario poida lembrálas e facer un uso correcto da zona