Conferencia sobre o poeta Florencio Delgado hoxe en Córgomo

15.11.19.-O Proxecto As letras de Florencio ten marcha varias actividades nestes días, entre elas un ciclo de conferencias do que a primeira charla farase hoxe en Córgomo. O Concello de Vilamartín forma parte como socio desta entidade que busca dar visibilidade na comarca á obra de Florencio Delgado Gurriarán e solicitar para el un Día das Letras Galegas. O programa de actividades da comezo hoxe en Córgomo na Adega D'Berna ás 20:30 horas. O acto aberto a todo o público interesado contará cos conferenciantes serán Xosé Manoel Rodríguez representante da Fundación Carlos Velo, Sechu Sende, escritor e Concepción Álvarez Pousa, lingüista e investigadora.

Por outra parte mañá sábado 16 ás 20:30 h farase entrega no Barco do Premio de Poesía da segunda edición do 2019, a Gala estará presentada por AldaoLadoBarato, ou o que é o mesmo Lucía Aldao, María Lado e Xosé Barato nun espectáculo con moitos versos, música e aires mexicanos. 

Dende a entidade agardan contar ca presenza de todo o público interesado en todas as conferencias e actividades.

  

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.