Continuidade nos traballos e inversións previstas dentro do presuposto 2019

03.09.19.- O Concello de Vilamartín afronta o último cuatrimestre do ano cas contas aprobadas durante o verán. Un total de 1,614.993 euros forman este orzamento 2019. Este foi un presuposto feito para continuar co traballo deste ano electoral no que se seguirá cos traballos diarios de xestión do concello. Unhas contas marcadas pola diminución da débeda dos intereses dos préstamos herdados e a rebaixa nos custes de mantemento do centro de saúde ao lograr a transferencia ao Sergas. Todo isto leva, entre outros temas, a poder incrementar as axudas para asociacións municipais inscritas no rexistro municipal. Estas entidades pasarán de recibir 500 a 700 euros anuais. Unha partida que se rematará de concretar na próxima sesión plenaria.

As contas do 2019 non son moi diferentes das do ano pasado. Producíronse lixeiros incremtenos en partidas dedicadas a persoal e material de funcionamento do concello e tamén no capítulo de inversión. En total hai unha diferenza de 23.000 euros entre as contas deste ano a do ano pasado. Uns 375.000 euros estarán dedicados a gastos por retribucións de persoal funcionario, fixo, temporal, traballadora social, limpadoras, persoal de deportes,etc. Tamén destacar que no capítulo de gastos 115.000 euros están para suministro de enerc¡xía eléctrica para o alumeado público e edificios municipais.

Outras partidas de gasto dedicadas a temas sociais, culturais e de deporte recollidas neste presuposto son:

  • Subvencións emerxencia social e axudas por fillo: 13.800 euros
  • Subvencións para festas populares e asociacións inscritas no Rexistro Municipal: 11.100 euros
  • Actividades de carácter social (violencia de xénero, Igualdade, Taller de Memoria): 6.930 euros
  • Actividades culturais, deportivas, de ocio: 6.500 euros
  • Traballos para Servizos Sociais (Servizo Axuda no fogar): 130.000 euros

 

No eido dos ingresos destas contas, de onde se recibirá o diñeiro, haberá:

  • Participación municipal nos tributos do Estado: 359.551 euros
  • Subvencións da Administración Autonómica: 281.577 euros
  • Subvencións da Deputación: 26.256 euros
  • Taxas por servizos varios (auga, saneamento, recollida de residuos, axuda a domicilio, licenzas urbanísticas, etc: 286.000 euros
  • Subvencións da Xunta de Galicia (mellora de camiños) e a Deputación de Ourense para inversión (Plan Provincial 2019): 64.845 euros

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.