Dúas familias do concello están confinadas pola Covid-19

14.10.20.- Hoxe recibimos información de Sanidade na que se nos indicaba que temos dúas unidades familiares positivas pola COVID19 no noso concello. As cinco persoas afectadas destas dúas familias xa están seguindo as medidas de confinamento indicadas. Pola nosa parte xa activamos o protocolo pertinente e lembramos que si as familias afectadas necesitan axuda poden poñerse en contacto co concello ou con Protección Civil. Así mesmo xa solicitamos a axuda dos membros de protección civil, que nas próximas horas procederán á desinfección de rúas.
Así mesmo informámoslles que no Concello estamos á súa disposición para calquera consulta ou necesidade que poida xurdir con relación a este tema. Pedimos a súa colaboración para atallar este problema o antes posible, polo que deben estremar as precaucións e seguir as recomendacións sanitarias: levando mascarillas cada vez que saían da casa, lavando as mans frecuentemente e evitando xuntarse con outr@s veciñ@s, ata que remita a situación de alerta actual.
Este é o segundo aviso que recibimos pola Covid-19 no noso concello dende o verán. En agosto tivemos unha persoa infectada e agora estas dúas familias. Apelamos a responsabilidade e o sentido común, para evitar novos contaxios polo ben de todos nós.

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.