Dezaoito rapaces participan nas actividades do Vilaverán

10.07.19.- Un ano máis comezaron as actividades de Vilaverán no mes de xullo. Nesta primeira quincena están participando nas actividades un total de 18 nenos/as de entre 4 a 12 anos. Están atendidos por 2 monitores e 3 voluntarios que durante toda a semana organizan actividades diferentes adaptadas ás idades dos participantes.

Para a segunda quincena e tamén para o mes de agosto aínda poden inscribirse rapaces.  Poden inscribirse por semanas e quincenas achegándose ao casa consistorial e formalizando a inscrición.

Ofrecemos un resume do que levan feito nesta primeira quincena do Vilaverán. Non teñen tempo de aburrirse:

-Luns e mércores actividades no interior: manualidades, pintura, xogos . Como a elaboración esta semana dunha botella sensorial.

-Andainas

-Taller de reciclaxe

-Coidado e rego de plantas nunha actividade de horta

-Días de piscina tres veces por semana

-Visita ao museo dos minerais de Pepe

-Asistencia á chegada de etapa da Gaes Pilgrim Race

        

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.