Enrique Alvarez Barreiro afronta a segunda lexislatura coa participación cidadá como prioridade

15.06.19.- Esta mañá constituíuse a nova corporación do Concello de Vilamartín. Despois de crear a mesa de idade procedeuse á votación para elección de alcalde. A votación foi 5 votos a favor de Enrique Álvarez Barreiro, cabeza de lista polo Partido Socialista de Galicia. Unha vez gañada a elección procedeuse á proclamación de alcalde e o seu discurso. Nel marcou os catro piares do proxecto político do seu grupo para esta lexislatura:

  1. Participación cidadá: Indicando que todos poden colaborar e aportar información e ideas na casa do concello, a través dos pedáneos, na páxina web e directamente ao alcalde.
  2. A Calidade dos Servizos Públicos: mellora de captacións de auga, eliminación de tubaxes con fibrocemento prexudiciais para a saúde.
  3. Evitar que se baleiren os pobos: proporcionando as condicións de emprego, plan parcial do polígono da Sobreira, rebaixas fiscais as novas empresas, rebaixas noutros impostos, melloras nos accesos aos pobos. Mellora do plan de turismo, cultura e educación.
  4. Atención á poboación en risco de exclusión social: Con programas de Xantar na Casa e outros.

 

O novo rexedor afronta a segunda lexislatura lembrando que será o alcalde de todos os veciños, votantes ou non da súa opción política. Pola súa parte o portavoz da oposición, José Pinto (PP) desexou moita sorte no exercicio da alcaldía e indicou que o seu grupo fará unha oposición construtiva.  A nota graciosa da xornada foi o momento de facerse a foto co bastón de alcalde, elemento que non estaba presente no salón de plenos. Un dos antigos concelleiros foi búscalo ao despacho da alcaldía e puídose facer a foto e rematar o acto de investidura como é tradición.

     

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.