A Escola Infantil Municipal reabre despois das obras para adaptarse á normativa

09.10.18.- A Escola Infantil Municipal está en funcionamento de novo despois dos traballos de remodelación que se realizaron nunha gran parte do interior do edificio para adaptarse á normativa actual. As partes reestructuradas e ampliadas, gañando máis metros de uso, foron a zona de xogo, a de descanso e os pasillos cunha inversión aproximada de 39.000 euros.  Non se realizaron obras na cociña e no comedor.

O edificio situado na localidade de Valdegodos reabriuse hai unha semana con capacidade para 20 nenos/as  de ata 3 anos.  As obras de remodelación lograron espazos máis amplos e con maior entrada de luz coa instalación de fiestras máis grandes. Tamén se instalou un novo chan  e parte das paredes dun material especial que permitiu a eliminación de esquinas perigosas e facilita a limpeza. Os traballos completáronse coa instalación dun WC adaptado e con portas novas con sistemas para evitar que os cativos poidan coller as mansa o pechalas. A protección en materia de incendios tamén formou parte do proxecto.

Os rapaces empezaron hai unha semana a utilizar as instalacións remodeladas notando os cambios tanto eles como as súas familias.

   

 

Undefined
Zircon - This is a contributing Drupal Theme
Design by WeebPal.